Paz y Desarrollo é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento desde a que se tenta contribuír a mellorar as condicións de vida de comunidades en países empobrecidos. Realizamos o noso traballo por medio dunha cooperación participativa, con especial atención á cuestión de xénero, isto é, á inserción da muller no desenvolvemento da súa propia comunidade en condicións de igualdade e de respecto.


O noso fin é promover os cambios sociais e económicos a través da mellora da saúde, a educación, as infraestruturas básicas, a defensa da infancia, a promoción da muller... Tentamos que, pouco a pouco, se poidan reducir as desigualdades que impiden unhas relacións entre o Norte e a gran maioría do Sur en condicións de xustiza.